domingo, 20 de mayo de 2012

O Balneario de Mondariz

Nas primeiras décadas do siglo XX Galiza era un enclave tan prodixioso coma problemático. Os seus maiores núcleos de poboación non superaban os 30 mil habitantes. Sen embargo, qué paradoxa, o censo era moi similar ao actual, pese a súa sangría traumátics da migración. Galiza sempre foi un territorio minifundista e rural. Hai 100 anos, os ilustrados galegos vían en tal idiosincrasia a súa forza e a súa enfermidade, súa maior virtude e o seu gran vicio. Eles soñaban coa cristalización dunha potente urbe que actuase de modo centrípeto e se elevase como faro e guía de toda Galicia, pero sen renegar de ese fondo orixinario da natureza e tradición na que a vida galega latía desde sempre. A historia do desastre urbano que aconteceu a partir dos anos 40 nunha narración, moi interesante por certo, que a pinceladas deixamos caer noutros artículos. Agora non vamos por alí mostramos o contexto social da época para destacar o asomo dun acontecemento que a una o hixénico con cultural, o económico co administrativo. O balneario de Mondariz encontrase no entorno do valle del Tea, un de esos numerosos ríos galaicos da segunda que en realidade son de primeira. O balneario comezou a nacer cando Domingo Blanco Lage descubriu uns manantiais en 1862. Outro importante manantial, o da Gándara, descuberto pouco despois polo home clave da historia: Enrique Peinador Vela. Máis tarde Enrique Peinador, xunto co seu curmán, fíxose coa chamada fonte de Troncoso, da que nacería a explotación de Augas de Mondariz. Antes, no 1879 inagurou a primeira casa de baños e finalmente, alá por 1898, abrironse as portas do Gran Hotel de Mondariz. O Gran Hotel, o Baleneario Histórico foi obra de Xenaro da Fonte cuxa firma atópase detrás de boa parte da arquitectura de pedra viguesa. Outro iluste arqueitecto da gran presencia en Vigo, Antonio Palacios, tamén deixou a súa impronta no templete clásico que cubre o manantial da Gándara. Sucedeu que a esta primeira xeración de " Peinadores", emprendedora, "americana", sigue outra non menos audaz, que afundeu ademáis nos cimentos dunha paixón cultural e mecénica arraigada nun galeguismo cosmopolita e de gran alcance. Polo que o Balneario Histórico foco de relevancia non solo galega no que se refire as artes e as letras. Sobre todo Enrrique Peinador Lines, un dos fillos do fundador, membro do partido galeguista, proctetor de inigualable Seminario dee Estudos Galegos, sufragou expdicións arqueolóxicas, subvencionou revistas literarias de enorme calidade e delicado gusto, promeveu un museo... Entre os grandes eventos, o Balneario serviu de escenario para que todo un Ramón Cabanillas, o poeta da raza, ingresara na Real Academia Galega. Corría 1920. Peinador Lines foi ademáis artífice da creación, ao amparo do selecto bulicio do Balneario, do novo concello de Mondariz- Baleneario, segregado en 1924 do xa existente concello de Mondariz. E un dato curioso para finalizar o Mondariz- Balneario é o concello máis pequeno de Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario