martes, 20 de marzo de 2012

Os diversos factores do declive das nosas letras.

Nos Séculos Escuros son  diversos  os factores que provocaron o progresivo declive das nosas letras, o idioma e a literatura galega durante o longo período de tres séculos —XVI, XVII e XVIII—, nos que a lingua galega estivo ausente do uso escrito:


-A nobreza galega autóctona é substituída paulatinamente por outra foránea, ou ben é asimilada aos intereses da Coroa.


-A igrexa representou un papel negativo moi importante no desenvolvemento do galego ao marxinalo das prácticas relixiosas.


-A forte política centralista e intervencionista de Castela afianza gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade.
Estes feitos impiden a consolidación do galego como lingua literaria. Neste sistema centralizador aparece, ao mesmo tempo que o concepto de “estado-nación”, a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohesión da nova estrutura política.
A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue sendo a vía normal de comunicación de case toda a poboación.
O exclusivo emprego oral implicou a dialectalización e a fragmentación do idioma ademais da súa consideración como lingua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.

Vestimenta do siglo XVIII.




O que máis me chamou a atención do século XVIII foi todo o referente a vestimenta. Xa que cando se produciu o motín de esquilache con Carlos III, intentouse modificar a vestimenta.


Na moda feminina as mulleres seguían a levar largos corsés en forma de cono pero coa chegada das sedas de cores claros e a capa solta o mantua acabou por desapaarecer o aspeto plomizo do pasado.
As faldas ían sobre armaduras parecían flotar e ondear, e os plisados caían polos hombre eliminando a sensación de rixidez, as prendas tiñan numerosos volantes, encaixes, cintas e flores artificiais que completaban o conxunto. A principios do siglo apareceu o "vestido volante" e o "vestido a francesa" que foi o traxe de etiqueta na corte francesa ata a revolución de 1789.


A moda masculina caracterizouse durante este siglo por unha maior estabilidade e sobre todo por unha menor estridencia en comparación coa moda feminina. O "traxe a francesa" utilizaba prendas de seda e lixeiros calzóns, anchas casacas e chalecos floreados, que normalmente era de cores claros. Un suave encaixe sustituía as gorgueras almidonadas e serias do siglo anterior; o conxunto se complementaba cunha camisa branca con chorrera e pañuelo ao cuello.
Se nos poñemos a comparar a roupa que hai agora coa de antes non se parece en nada, a verdad moito cambiaron estes tempos pero eso sí nada quitará de que as modas sigan a repetirse.

lunes, 19 de marzo de 2012

Artigo sobre a lingua galega.

Menos do 21% dos adultos aprendeu o galego como primeira lingua
Só o 20,6% dos adultos o aprenderon como lingua inicial


Só o 20,6% das persoas maiores de 14 anos que viven en Galicia aprendeu o galego como primeira lingua, mentres que o 36,2 comezou a falar en castelán. O resto, declárase bilingüe dun ou doutro xeito ou, nunha pequena porcentaxe, tivo como lingua materna un idioma estranxeiro. Son datos dunha enquisa realizada polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (RAG) no ano 2004 para a elaboración do segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia, publicado en 2007, pero foi a Mesa pola Normalización Lingüística a que lle chamou a atención sobre eles, xa que o estudo da RAG non os destaca.

Carlos Callón, presidente da Mesa, afirma que "o galego está na peor situación da súa historia", xa que no primeiro volume do Mapa Sociolingüístico que a RAG publicou en 1994 (con datos do 92), revelaba que o galego era a lingua materna do 51,3% da poboación do país, e o castelán, a do 13%. Polo tanto, a aprendizaxe do galego como primeira lingua descendeu máis dun 30% en doce anos, mentres que a do castelán subiu un 23%.

Pero a comparación entre os datos dos dous anos non ofrece resultados totalmente fiables, xa que, entre outras cousas, a enquisa feita en 2004 non incluía as persoas maiores de 54 anos, por estar xa moi representadas na do 92. Así o explicou, nunha entrevista con Efe, unha das investigadoras do Seminario de Sociolingüística da RAG, quen engadiu que este "descenso alarmante do galego", debe matizarse xa que neste grupo de idade é onde existe un maior número de galego-parlantes.

A mesma reflexión fixo a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López Soneira, quen destacou ademais que aumentou "nunha porcentaxe significativa" o número de persoas que falaba as dúas linguas de neno. Concretamente, a suba foi do 8%, do 36% en 1992 ó 44% na actualidade.

Así a todo, López Soneira recoñece que "se está a producir unha baixada na aprendizaxe do galego como lingua inicial, pero non é irrecuperable". "Nós preferimos traballar vendo sempre o vaso medio cheo", engade.

Pola súa banda, Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, recoñece que as cifras resultantes de comparar as dúas enquisas poden non ser fiables, "pero é que inda que asumamos un 5 ou un 10% de marxe de erro, os datos seguen a ser arrepiantes" e están reforzados por outros estudos estatísticos, que obteñen resultados similares. "Aínda que me gustaría, non podo ver o vaso medio cheo", afirma Callón.

DATOS
Ferrol, un caso moi preocupante

Nas sete cidades galegas, a aprendizaxe do galego como lingua inicial permanece por debaixo do 20%, agás en Lugo (23%). Pero o caso máis preocupante está en Ferrol. Só o 8,3% dos ferroláns tivo o galego como lingua materna única, e só o 6,2% era bilingüe preferentemente en galego. Entre os enquisados de 15 a 24 anos, só o 1,6% aprendeu a falar como monolingüe en galego, exactamente a mesma procentaxe que os que 
teñen unha lingua estranxeira como idioma materno nas mesmas idades.
Como nota positiva, destaca que en Santiago, Ourense, Pontevedra e Lugo hai máis xente que ten o galego como lingua materna na franxa dos 15 os 24 anos que na dos 24 ós 34.

A historia dos séculos escuros.

Ao final da Etapa Medieval. a máis gloriosa das Letras Galegas, o idoma e a literatura galega entran nun período de decadencia. Diversos foron os factores que provocaron o progresivo decaimiento, entre os que cabe destacas: o asentamento do noso país dunha nobreza estranxeira, intransixente coa cultura e a lingua de Galicia, que ven a substituir a unha nobreza galega derrotada tas apoiar aos perdedores nas loitas dinásticas pola Coroa de Catela, primeiro a Pedro I contra Herrique II de Trastámara e máis tarde a Xoana A Beltranexa frente a futura Isabel a Católica; a ausencia dunha burguesía capz de defender os seus intereses e os  dos seu país: a disminución da poboación; a pérdida de autonomía da Iglesia Galega, etc...
Estes feitos e a crecente política e intervencionista de Castela afianzan gravenmente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como lingo literaria. Neste sistema centralizador aparece xunto ao concepto de " Estado Nacional", a necesidade de uniformación linguítica como factor de cohesión da nova estructura política.
A lingua galega durante o período dos tres siglos (XVI, XVII, XVIII denominados "Séculos Escuros") estivo ausente dos usos escritos, frente o castelán e o portugués que entran en proceso de fixación e codificación, o que lles confire a categoría de linguas de cultura.
Sen embargo, segue a ser a vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación. O exclusivo uso oral conlevou a dialectización e a fragmentación do idio e, por tanto a súa consideración como lingua linteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.
A nosa literatura queda así ao marxen do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa máis escura co Siglo de Oro da literatura castelá. Con todo poseemos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos permiten coñecer a lingua da época.
Paralelamente a este vacío de literatura erudita, pervive a vena da lírica popular en forma de cantigas de cuna, de cego, adivinanzas, lendas, romances, contos, farsas, etc... Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.
No siglo XVIII surgen as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquietude polo subdesarrollo de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Creanse organismo como as Sociedades Económicas de Amigo do País e a Academia de Agricultuta do Reino de Galicia.
Estre este minoritario grupo de intelectuais despunta con forza a figura do Padre Martín Sarmiento, personaxe polifacético que defendeu o uso do galego na enseñanza, na administración e na Iglesia, e dicir, a súa normalización como lingua propia dos galegos.
Tamén a participan o Padre Feixoo, o primeiro en rechazar a condición de dialecto para o galego, e o Padre Sobreira, continuador da labor lexicográfica de Sarmiento. A súa obra constituiu a primeira chamada de antencion dunha problemática linguística que se ha de manifestar en toda a súa extensión na segunda metade do siglo XIX.



O día das letras galegas!

Para o que non o sabe, o día das letras galegas é o 17 de maio dende 1963, nese día os galegos celebramos a volta da literatura no idioma galego despois dos chamados séculos escuros nos que non se escribía en galego debido a estar en horas moi baixas. Cada ano, este día se lle dedica ao título postumo a un escritor cuxa obra estea escrita en lingua galega.
Este ano se lle dedica a Valentín  Paz Andrade, e este día tamén nos serve para coñecer moito máis aos autores de lingua galega.