-A nobreza galega autóctona é substituída paulatinamente por outra foránea, ou ben é asimilada aos intereses da Coroa.
-A igrexa representou un papel negativo moi importante no desenvolvemento do galego ao marxinalo das prácticas relixiosas.
-A forte política centralista e intervencionista de Castela afianza gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade.
Estes feitos impiden a consolidación do galego como lingua literaria. Neste sistema centralizador aparece, ao mesmo tempo que o concepto de “estado-nación”, a necesidade de uniformización lingüística como factor de cohesión da nova estrutura política.
A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue sendo a vía normal de comunicación de case toda a poboación.
O exclusivo emprego oral implicou a dialectalización e a fragmentación do idioma ademais da súa consideración como lingua aliteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario