lunes, 19 de marzo de 2012

A historia dos séculos escuros.

Ao final da Etapa Medieval. a máis gloriosa das Letras Galegas, o idoma e a literatura galega entran nun período de decadencia. Diversos foron os factores que provocaron o progresivo decaimiento, entre os que cabe destacas: o asentamento do noso país dunha nobreza estranxeira, intransixente coa cultura e a lingua de Galicia, que ven a substituir a unha nobreza galega derrotada tas apoiar aos perdedores nas loitas dinásticas pola Coroa de Catela, primeiro a Pedro I contra Herrique II de Trastámara e máis tarde a Xoana A Beltranexa frente a futura Isabel a Católica; a ausencia dunha burguesía capz de defender os seus intereses e os  dos seu país: a disminución da poboación; a pérdida de autonomía da Iglesia Galega, etc...
Estes feitos e a crecente política e intervencionista de Castela afianzan gravenmente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e impiden a consolidación do galego como lingo literaria. Neste sistema centralizador aparece xunto ao concepto de " Estado Nacional", a necesidade de uniformación linguítica como factor de cohesión da nova estructura política.
A lingua galega durante o período dos tres siglos (XVI, XVII, XVIII denominados "Séculos Escuros") estivo ausente dos usos escritos, frente o castelán e o portugués que entran en proceso de fixación e codificación, o que lles confire a categoría de linguas de cultura.
Sen embargo, segue a ser a vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación. O exclusivo uso oral conlevou a dialectización e a fragmentación do idio e, por tanto a súa consideración como lingua linteraria, incapacitada para a ciencia e a cultura.
A nosa literatura queda así ao marxen do Renacemento e do Barroco, coincidindo esta etapa máis escura co Siglo de Oro da literatura castelá. Con todo poseemos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos permiten coñecer a lingua da época.
Paralelamente a este vacío de literatura erudita, pervive a vena da lírica popular en forma de cantigas de cuna, de cego, adivinanzas, lendas, romances, contos, farsas, etc... Moitos deles chegaron ata hoxe por transmisión oral.
No siglo XVIII surgen as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa inquietude polo subdesarrollo de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Creanse organismo como as Sociedades Económicas de Amigo do País e a Academia de Agricultuta do Reino de Galicia.
Estre este minoritario grupo de intelectuais despunta con forza a figura do Padre Martín Sarmiento, personaxe polifacético que defendeu o uso do galego na enseñanza, na administración e na Iglesia, e dicir, a súa normalización como lingua propia dos galegos.
Tamén a participan o Padre Feixoo, o primeiro en rechazar a condición de dialecto para o galego, e o Padre Sobreira, continuador da labor lexicográfica de Sarmiento. A súa obra constituiu a primeira chamada de antencion dunha problemática linguística que se ha de manifestar en toda a súa extensión na segunda metade do siglo XIX.



No hay comentarios:

Publicar un comentario