viernes, 20 de abril de 2012
Incendios!
Agora que temos tan recente a desgraza sucedida Nas Fragas do Eume vouvos contar de onde ven os incendios :Os incendios en Galicia, son tan antigos como a propia agricultura. Incluso se podería falar dunha certa convivencia co home e co lume nos montes, mentras estos foron o soporte da fertilidade das terras que nos porporcionaban os cultivos de cereais para a alimentación. Os montes proporcionaban a fonte de combustible para a cociña e a calefación. A partir da metade do siglo XIX e co progresivo abandono destas prácticas e da despoboación do campo, o matorral volveu a ocupar os montes, a medida que se iban instalando un certo absentismo na propiedade forestas. Como consecuencia disto e dalgunhas cousas máis, cando os veráns eran especialmente malos pola sequía e os ventos, o lume se propagaba polos montes e millares de hectáreas de arborado e monte baixo o que se convertía en ceniza e miseria. As comunidades de montes foron xundindo, desenvolvendo un certo sentido da propiedade e dignidade ao monte.Os servizos especializados na loita contra o lume aumentaron de forma significativa na eficacia de labores de extinción. Aínda así o número de incendios apenas disminuiu, o que sinala que moitasdas causas estruturais dos incendios nos montes galegos seguen existindo.A tipoloxía das especies arbóreas, os aspetos relacionados coa silvicultura e os seus modelos de rentabilidade económica, a percepción social do monte, o desarrolo dunha lexislación eficaz para as estratexias e planes de prevención e extinción, pasando polo tratamento dos medios de comunicación e a formación e educación ambiental, son todos os factores que poden ser asociados á prevención e defensa dos incendios forestais en Galicia.Despois dun largo estiaxe durante o ano 2005, que favoreceu un incremento moi importante dos incendios forestais que volveron a repetirse no 2006, a sensibilidade colectiva sentiuse unha vez máis afectada polas tráxicas impresións e experiencias vividas, a vez que a fría contabilidade empezada polo inventario de pérdidas materiais, algunhas irreversibles, que en pouco tempo comezará a baixas hacia as rías coas primeiras chuvias do outono. Este ano volveronse a repetir novos focos, que destruiron hectáreas de montes de gran valor ecolóxico.Pero grazas ao avance da tecnoloxía nos permite establecer as zonas de maior risco, asociadas a climatoloxía. Dende este punto de vista a Comunidade Europea (UE) dentro dos seus plans de investigación conta có EFFIS que é o Sistema de Información de Incendios Forestais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario