lunes, 23 de abril de 2012

O Facho!





A Xunta de Galicia iniciou trámites para que o lugar do Facho no extremo occidental da provincia de Pontevedra, sea declarado ben de interés cultural. En galego, facho é unha fogueira que se fai dun patrimonio co fin de que a súa lus sea vista dende lexos, ademais de que puido ter unha finalidade ritual. De feito os "fachos" de Galiza soen estar nas zonas costeiras e sobre altos acantilado.
O interés que ten este xacemento arqueolóxico, reside en que a costa dun santuario e dun castro existindo mostras de habae sido habitado o lugar dende a época do bronce ate a romana. Agora ben, certas informacións que relacionan O Facho co mundo celta non poden ser consideradas histórica, máxime si se dí que o lugar estaba dedicado ao deus Berobreo (Breogán), personaxe mitolóxico que os historiadores románticos do siglo XIX fixeron fundador da Coruña ou de algunha outra poboación cercana, por exemplo Betanzos.
A hora dos mitos xa sabemos que os deuses, heroeso ou caudillos se confunde, pero o que temos por certo é que Breogán é un personaxe lexendario, non histórico, cuxa primeira mención encontrase na obra irlandesa Leabhar Ghabhala o Libro das invasios, do siglo XII polo que xa se ve que as invencións posteriores veñen a querer explicar supostos feitos de moito tempo atrás. É unha permanente lucha da que hai que manter contra afirmacións que dan por feito a celtizacións de Galicia, cando a arqueoloxía se empeña en que non é así. Galicia nunca estivo celtizada como o valle do Ebro, a meseta norte ou o valle baixo do Guadalquivir por poñer tres exemplos notables, onde a onomástica nalguns casos, a toponimia e noutros os xacementos arqueolóxicos o corroboran.
No caso de Galicia si existen topónimos celtas, pero as investigacións máis solventes dos arqueólogos das últimas décadas viñeron a suxerir que serían consecuencia de incursións discontinuas de grupos celtas en momentos distintos do primeiro milenio antes de cristo, sin que poida dicir que Galicia, que por eso seña unha das suas señas de identidade, que é o mito sobre o que se sustentou a hitoriografía do siglo XIX e parte do XX. O castro do Facho é obra con outros moitos de Galicia, de pobos indíxenas prerromanos, e non por influencia céltica algunha, ao menos nos lugares de habitación.
No lugar de O Facho une o seu interes arqueolóxico é paisaxístico, dificil de encontrar apuntando ao mar e as illas Cíes.

1 comentario:

  1. Bero Breo e Breogán fan parte dunha mesma totalidade absoluta e numinosa: como Xesús (rei dos xudeus) de Deus, Breoghan é fillo de Berobreo, fillo terreal, deus feito home, ata ahi pódese identificar a Breogán con Bero Breo, pero non trabucar.

    Breogán, etimoloxicamente, pódese interpretar como o "Enxendrado no Brío, Enerxía, Forza, Poder"... de Breo, mentres Bero Breo fai mención ao "Brío do Érebo" ou "Vespertino Brío" ao que precisamente Breogán trascende para se proclamar rei, na imitación do axioma arquetipo cosmogónico polo que a luz trascende ás tebras.

    O nacemento do Mundo e a renovazón do mesmo é o axioma, a verdade absoluta, que serve de prototipo exemplar para calquer feito significativo na antigüidade (o sanar dun doente, calquera construcción ou creazón, a entronización dun rei, etc.). O mito de Breogán resposta precisamente a unha realidade total e absoluta ( http://galizafulxe.blogspot.com.es/ )

    Galiza e Celta, ou Céltica, son a mesma cousa, como Breogán e Breo, fan parte do mesmo, son como as dúas caras dunha moeda, inherentes unha á outra, Galiza e Terra celta por excelencia, non hai terra máis celta, aínda máis, é a única terra realmente celta, outros eidos son os celtizados. A arqueoloxía non serve para definir o que é celta ou non, posto que cerámica, armas ou calquer outro obxecto, ainda ser de procedencia exipcia, grega ou púnica, pode ser utilizada nun mito-ritual de corte celta: isto é o que importa, o celta é máis un xeito de intrepretar o cosmos, entender a vida, unha forma de vivila, aínda vixentes en parte hoxe en día a través do cristianismo.

    Hai xa séculos, mentres a cultura galega andaba sumida, "domada e castrada", na maior das escuridades ás que o imperialismo castelán poido sometela, foron en países como Irlanda ou Francia nos que decidiran o que debía considerarse celta ou non; xa moito choveu dende aquela e seguir a comer da man do que dixeran os "expertos" que daquela ollaban unicamente polos seu e os propios intereses é bastante absurdo. Un saúdo. Afonso M Cao

    ResponderEliminar